Besteiro ve a agresión a Rajoy como un acto illado e di que en democracia as diferenzas resólvense votando
O secretario xeral do PSdeG, Xosé Ramón Gómez Besteiro, volveu condenar este xoves a agresión sufrida polo presidente do Goberno e candidato á reelección, Mariano Rajoy, e cualificou o ataque como unha “acción totalmente illada”.
En declaracións aos medios tras asistir a un almorzo coloquio protagonizado pola candidata do PSdeG por Pontevedra, Dolores Galovar, o líder dos socialistas galegos reiterou a súa condena polo ataque e expresou a súa “profunda solidariedade” con Mariano Rajoy.
“Afortunadamente, en democracia votamos, e é aí onde resolvemos as nosas discusións. Invito a xente a que se sume, e que a votación sexa masiva. Que cada un vote como queira, e é aí onde todo o mundo ten que expresar as súas conformidades e desconformidades, co voto democrático”, incidiu.











