Besteiro demanda un goberno forte que saiba esixir en Europa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Europa Press

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, demandou este mércores “un goberno forte” que “saiba esixir en Europa e repartir en España” as cotas pesqueiras, toda vez que este sector ten “unha importancia vital” para Galicia e tamén para o resto do Estado.

E, como dixo aos xornalistas nunha visita á lonxa da Coruña, ese “goberno forte” e “responsable” será o encabezado polo candidato socialista, Pedro Sánchez, á vista de que a lexislatura de Mariano Rajoy en La Moncloa supón “catro anos perdidos para a pesca” e, en xeral, para todos os sectores primarios.

Así é que fixo fincapé na necesidade de que Sánchez gañe as eleccións o próximo domingo, algo que ve posible posto que os indecisos se están a mover cara ao PSOE. “Pedro Sánchez está a subir nos últimos días”, apreciou, ao tempo que xulgou que Rajoy “empezou a liña descendente”.

A esta percepción atribuíu o chamamento “desesperado” a Cidadáns a un pacto estable para toda a lexislatura. “Decátase de que o seu fin como presidente está cerca”, subliñou Besteiro, dende o convencemento de que o cara a cara con Pedro Sánchez foi “decisivo” para que o seu partido vaia “cada día a máis”.

16 de decembro de 2015 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.