Belén vivente en Laxe
Este sábado, 19 de decembro, ás 19:00 horas na Igrexa parroquial de Laxe os actores e as actrices de menor idade da Escola Municipal de Teatro de Laxe presentarán a obra: UN BELÉN VIVO.
Trátase dun espectáculo que recrea o nacemento de Xesús, a adoración por parte dos pastores que vivían preto do portal de Belén e a chegada dos Reis Magos de Oriente cos correspondentes agasallos de ouro, prata e mirra.
A través desta actividade lúdica téntase tamén exaltar a cultura rural, o mundo pastoril e a relevancia de valores como a humildade, a bondade ou a xenerosidade.
Unha función ateigada de sensibilidade que achegará aos espectadores e espectadores a unha persoa que variou o rumbo da humanidade e que supuxo un antes e despois na historia da humanidade e que encarna valores como o AMOR, A PAZ, A IGUALDADE…