Aviso amarelo no litoral da Coruña por vento forza 7 no mar
O litoral da Coruña permanecerá durante unhas doce horas, dende as 9,00 horas, este xoves, día 3 de decembro, con aviso amarelo por vento no mar, forza 7. Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico publicado por MeteoGalicia, unha borrasca achegarase durante este xoves a Galicia polo litoral atlántico, o que ocasionará ventos de compoñente sur intensos, de forza 7 no litoral. Deste modo, o aviso será amarelo entre as 9,00 e as 21,00 horas deste xoves no litoral da Coruña por vento no mar de compoñente sur, forza 7.











