Asotrame organiza unha exposición de arte postal no CHUAC
A Asociación Galega de Trasplantados de Medula Ósea (Asotrame) organiza unha exposición de Arte Postal chamada “Luces de Cores”, que terá lugar na planta 11º do Hospital CHUAC de Coruña. Con esta iniciativa Asotrame quere facer un pouco máis levadeira a estancia de familiares e pacientes que por desgraza teñen que pasar estas datas alí.
A súa inauguración será o luns 21 de decembro ás 13:00h, en devandito lugar. E o martes 5 de xaneiro, clausurarase coa entrega das postais aos pacientes hospitalizados na planta 11º de Hematoloxía- Oncoloxía.
Dende a asociación convidan a todos os que queiran participar nesta exposición coa realización dunha postal que aínda poden enviala á entidade antes do día 21 de Decembro. Até o momento participaron numerosos persoas desde Pontevedra, Sevilla, Estepa, Málaga e Jerez de la Frontera, á espera de que cheguen máis.











