As rúas Monte Medulio, no Vinteún, e o Xílgaro, na Carballeira, estarán pechadas ao tráfico para o seu asfaltado
A rúa Monte Medulio, no barrio ourensán do Vinteún, permanece desde hoxe pechada ao tráfico para a realización das obras de mellora de asfaltado e de adecentamento das beirarrúas. As actuacións comezarán á primeira hora de mañá martes e remataranse na propia mañá. O mesmo tempo de execución terán as actuacións na rúa do Xílgaro, no barrio da Carballeira, que se efectuarán este mesmo mércores 23.
Este tipo de obras son actuacións incluídas dentro do plan Mellorando Ourense, do plan de investimentos 2014-15, coma as que esta mañá se realizaron no último tramo da rúa Bedoya, o comprendido entre a Avenida de Bos Aires e Emilio Pardo Bazán. Logo de realizar o asfaltado do tramo, coincidindo con datas nas que os alumnos do colexio Concepción Arenal están de vacacións, só quedarán repasar a saída de sumidoiros, polo que non se permitirá estacionar até o vindeiro mércores. O montante destas tres actuacións ascende aos 117.066 euros.
Con estas obras, dánse por rematados os 32 proxectos que o Concello executou antes de que rematase o ano 2015, e que tiveron un custe total de 1.725.629,51 euros.











