As panxoliñas da Banda de Música amenizarán a inauguración do alumeado de Nadal na praza de Galicia
O Concello de Vilagarcía pretende que os cidadáns dean a benvida ás Festas do Nadal co maior ambiente posibles. Por iso, para amenizar o acto de pendido do alumeado decorativo que terá lugar o venres á tardiña, contarase coa actuación da Banda de Música que, para a ocasión, interpretará varias panxoliñas populares.
O Concello anima a todos os veciños a participar no acto que este ano se adiantará un pouco para que os máis cativos da casa tamén teñan a oportunidade de asistir ao prendido das luces. Será ás sete da tarde na Praza de Galicia onde se centralicen os actos aproveitando a instalación do gran cono de luces que presidirá este espazo.
Co adelantamento da hora do prendido tamén se pretende atraer máis xente ás rúas para favorecer a actividade comercial no último tramo da tarde.











