publicidade hoxe

As asociacións da Guarda decoran a súa vila no Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+
Unha das prazas decoradas

Unha das prazas decoradas

Cinco asociacións guardesas, Vento Mareiro, Xamaraina, San Xerome Emiliani, Samaritanas e C.S Fuscalho , sumáronse a iniciativa do Concello da Guarda “Decora o teu Nadal”.

A través deste proxecto a Praza do Reló luce un gran árbore e diferentes adornos colgando dos balcóns da Casa dos Alonsos, na Praza do Coruto diferentes colgarellos decoran ás arbores, na Alameda a casa do Apalpador espera a todos os nenos e nenas da vila, a Praza da Igrexa recibe a todos os viandantes con diferente decoracións nas súas barandas e por último, a praza da rúa Galicia, un coro e os chamados graffitis ecolóxicos ou “yarn bomber” visten a árbore e dan a benvida o Nadal.

O obxectivo desta iniciativa é potenciar a participación das diferentes asociacións na nosa vila, dándolle visibilidade e protagonismo na organización e decoración urbana nestas datas festivas. Ademais, tal e como afirmou o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, búscase que a cidadanía entenda A Guarda coma un espazo de expresión artística no que os veciños e veciñas poidan sentir o mobiliario público coma propio e queiran actuar sobre el para embelecelo. 

Desde hoxe e durante todo o Nadal estas creacións decorarán a vila dándolle A Guarda un maior espírito  navideño. 

Dende a Concellería de Cultura, que dirixe Elena Baz, queren dar parabéns e agradecer todo o traballo feito polas diferentes asociacións participantes.

18 de decembro de 2015 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.