publicidade hoxe

Apertura do prazo de inscrición para o V Concurso de Karaoke en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha. Un dos seus pratos fortes vai ser o CONCURSO DE KARAOKE, que este ano celebra a súa quinta edición, o sábado 26 de decembro.

Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para  maiores de 18 anos. As BASES, FICHA DE INSCRICIÓN e a RELACIÓN DE CANCIÓNS para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura o una Web do Concello. Tamén  podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así nolo solicitan.

A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición está aberta dende a semana pasada. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas do Concello, máis concretamente na oficina do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina, ou ben por teléfono, chamando ao Concello; neste segundo caso, a documentación haberá que aportala con posterioridade. Para a inscrición só se esixe unha copia do DNI do participante se este é maior de idade, e se é menor, unha focopia do DNI do pai, nai ou titor/a do mesmo.

A inscrición vai estar aberta con carácter xeral ata as 15:00 horas do mércores 15 de decembro.A inscrición vai estar aberta tamén o día de celebración do Concurso, en horario de 17:00 a 19:00 horas no Pavillón Municipal, para os que inda queiran apuntarse.

Dentro das posbilidades de inscrición hai un apartado especial para os que concursen cunha canción non incluída na lista da Organización. Para estes casos, a inscrición rematará o vindeiro luns, 21 de decembro ás 14:30 horas.

En canto aos premios do Concurso, temos:

Premio á “Mellor voz” (2 premios): 40 euros

Premio á “Mellor caracterización”: 40 euros

Iunior

Premio á “Mellor voz” (2 premios): 70 euros

Premio á “Mellor caracterización”: 70 euros

Veteranos

Premio á “Mellor voz” (2 premios): 130 euros

Premio á “Mellor caracterización”: 130 euros

15 de decembro de 2015 | 13:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.