publicidade hoxe

Amarai celebra un xantar de Nadal acompañado de socios, amigos e familiares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

A Asociación de Persoas con Discapacidade e Apoio a Integración das comarcas de Arzúa e Terra de Melide  (Amarai) está a organizar un xantar de Nadal no que pretende xuntar a persoas asociadas, familiares e amizades e festexar todos xuntos os éxitos que lograron durante este ano.

O lugar onde se celebrará o xantar vai ser no restaurante A Paínza de Arzúa e, antes da comida, vaise proxectar un vídeo sobre a entidade que rematará cunhas palabras do presidente de Amarai, José Luis Costoya.

Todas as persoas que asistan ao xantar, van recibir un agasallo realizado polas usuarias do centro de recursos de Boimorto e, para rematar a velada,  haberá unha actuación de maxia e ilusionismo a cargo de Chrystyan Magic, e música para bailar.

O menú contará con ameixas á mariñeira, grellada de churrasco de carne de porco ibérico, tenreira, segredos ibéricos e chourizos. De sobremesa haberá doces típicos do Nadal, todo ilo acompañado de viño Albariño, Mencía, refrescos e café. Os prezos son de 23€ para persoa asociada con discapacidade, 25€ para asociadas sen discapacidade e 28€ para as non asociadas. 

Aínda quedan prazas libres para poder apuntarse a esta comida de Nadal que organiza a asociación Amarai.

10 de decembro de 2015 | 11:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.