Alcoa nega que estea a introducir produto da planta de Arabia Saudí

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
Europa Press

Alcoa “non está a traer nada de produto” da planta de Ma’aden, en Arabia Saudí, na que controla o 25%, segundo aseguraron fontes da compañía. A multinacional nega, así, as denuncias realizadas este mércores polo comité de empresa da fábrica na Coruña, que asegurou que a empresa está a introducir aluminio a través do porto de Vigo.

Ao respecto, as fontes de Alcoa sinalaron que “todo o produto” daquela planta, unha ‘joint venture’ cunha empresa pública do goberno de Arabia Saudí, “leva o logo das dúas empresas”.

“Podería darse o caso de que ese produto que sinalan os traballadores no porto de Vigo é de Ma’aden, pero non de Alcoa, precisaron.

“EN PERIGO”

O comité de empresa advertira de que a entrada de aluminio de Arabia Saudí poría “en perigo” a viabilidade das plantas en España, entre as que se atopan as dúas galegas (A Coruña e San Cibrao).

Cuestionou, neste sentido, que Alcoa “por un lado” solicitase axudas “vía interrumpibilidade” ao Goberno central para poder producir en España “e por outro lado” que estivese a “meter metal” para pechar as fábricas”.

9 de decembro de 2015 | 20:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.