Alberto Varela convoca ao grupo de traballo para abordar os presupostos municipais de 2016

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Os grupos da Corporación Municipal tomarán parte o xoves na reunión do grupo de traballo na que se abordarán os Presupostos Municipais de 2016. O alcalde, Alberto Varela, convocou esta mañá a todos os grupos para o encontro no que o goberno socialista presentará o borrador dos orzamentos e pedirá aos grupos da oposición que formulen as propostas que consideren oportunas.

A do xoves pretende ser a primeira das reunión do grupo de traballo xa que, tras esta primeira exposición daranse uns días de prazo para que os grupos poidan analizar en detalle todas as propostas sobre mesa co obxecto de concretar nun segundo encontro o documento a elevar ao pleno.

14 de decembro de 2015 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.