A Xunta recolle achegas dos representantes da Administración de Xustiza de Vigo para avanzar no proxecto do novo edificio xudicial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, mantivo hoxe unha reunión cos representantes da Administración de Xustiza da cidade para avanzar no futuro proxecto de execución do novo edificio xudicial de Vigo.

Durante a reunión, á que tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, os representantes da Administración autonómica recolleron as opinións e achegas dos que serán serán os principais usuarios do edificio.

En concreto, durante o encontro abordáronse os aspectos funcionais do proxecto, como a ocupación e a distribución dos espazos, aspectos todos que serán tidos en conta para configurar os requisitos para a licitación do proxecto de execución.

Na reunión estiveron representantes da Administración da Xustiza de Vigo, concretamente, o decano de xuíces, o fiscal xefe de área de Vigo, a decana de avogados de Vigo ou o decano de Graduados sociais de Pontevedra, entre outros colectivos.

Hai que ter en conta que a Xunta de Galicia ten reservada nos seus orzamentos para os vindeiros anos máis de 24 millóns de euros para o novo edificio xudicial de Vigo, incluída unha partida de máis de 3 millóns de euros consignada no 2016, á espera de poder contar cos terreos que debe ceder o Concello de Vigo e sen os cales é imposible levar a cabo a actuación.

9 de decembro de 2015 | 20:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.