publicidade hoxe

A Xunta mostra a súa máis enérxica repulsa polo acto de violencia que acabou coa vida dunha muller en Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A Xunta de Galicia expresa a súa máis enérxica repulsa polo asasinato de M.R.B, unha muller de 69 anos de idade, que onte apareceu morta no seu domicilio de Mos (Pontevedra) con evidentes signos de violencia.

Aínda que a investigación continua aberta, a Garda Civil detivo ao marido da vítima como presunto autor dos feitos e desde a Delegación do Goberno en Galicia apuntan que podería tratarse dun posible novo caso de violencia de xénero. De confirmarse, este sería o sétimo caso de falecemento por violencia machista en Galicia no que levamos de ano.

O Goberno galego reitera o seu apoio ás vítimas deste tipo de actos violentos e pídelle a todas as galegas e galegos inconformismo para rebelarse contra esta repudiable lacra, considerada como un problema público e social de primeira magnitude.

30 de decembro de 2015 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.