A Xunta entregará un vehículo autobomba para reforzar as emerxencias na Estrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Estrada
A-
A+

A Xunta reforzará a atención as emerxencias na Estrada cun novo vehículo autombomba urbano lixeiro de primeira saída, que poderá ser entregado nas vindeiras semanas. Segundo indicou hoxe o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o vehículo, que supón un investimento de preto de 250.000 euros, contribuirá a mellorar o traballo tanto do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), como dos efectivos de Protección Civil na Estrada, na central de coordinación das Emerxencias de Galicia.

O vicepresidente visitou hoxe, xunto co delegado da Xunta, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde José Campos, as novas instalacións do GES neste concello. Na Estrada o GES conta con 10 profesionais, aos que hai que sumar 64 efectivos de Protección Civil.

O vehículo conta con cisterna de auga con capacidade de 2.000 litros, bomba contra incendios de etapas múltiples que permite o lanzamento indistinto ou simultáneo de auga en baixa ou alta presión; equipo de excarceración completo de última xeración; dotación contraincendios, salvamento e rescate completos; ou motor diésel de catro tempos cunha potencia superior a 280 CV.

Reforzo das emerxencias en toda Galicia

Alfonso Rueda destacou que a Xunta está a apostar polo reforzo das Emerxencias en Galicia, como amosa a ampliación do convenio que integra aos 24 GES aprobada recentemente. Esta ampliación supón que os 288 integrantes profesionais destes grupos teñen garantida a súa continuidade ata 2018. O acordo materialízase nun investimento total de 22,3 millóns de euros, achegados pola propia Xunta, as deputacións provinciais e os concellos.

Rueda subliñou tamén que un dos obxectivos principais do Goberno galego é acadar unha elevada calidade de resposta ás emerxencias en toda comunidade, asegurando a coordinación de todos os organismos e administracións implicadas, e poñendo a disposición dos servizos de intervención, os materiais e equipos específicos para o seu uso na resolución de determinado tipo de intervencións, coma é o caso da entrega hoxe ao concello mugardés deste novo equipo de excarceración.

A adquisición deste equipamento está cofinanciada polo Programa FEDER, nun 80 por cento, para a mellora de infraestruturas e equipamento de emerxencias nos servizos municipais e supramunicipais de protección civil e emerxencias, co fin de garantir unha resposta eficaz fronte aos riscos producidos polos fenómenos da natureza así como os derivados da actividade do home, ademais das tarefas de prevención fronte a estes.

29 de decembro de 2015 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.