publicidade hoxe

A Xunta anima ás mulleres emprendedoras a ser exemplo de innovación, creatividade e motor da economía rural galega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantada
A-
A+

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella incidiu hoxe na importancia de mellorar a situación das mulleres rurais, e animou ás emprendedoras do rural galega a seguir sendo un exemplo de innovación, creatividade e motor da economía rural galega, polo que destacou que fomentar a súa visibilidade e impulsar unha igualdade real de oportunidades en materia de acceso e condicións de emprego, impulsar a súa capacidade para emprender e promover condicións que faciliten a conciliación da vida persoal, familiar e laboral nun escenario de corresponsabilidade entre mulleres e homes é fundamental.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou hoxe as Xornada “Atrévete contigo mesma”, organizada por AGACA, na Sociedade Cooperativa Galega no concello lucense de Chantada onde indicou a necesidade de mellorar a situación das mulleres rurais impulsando unha igualdade real de oportunidades, xa que segundo explicou a falta de oportunidades e as e as dificultades para acceder a servizos de apoio e infraestruturas no medio rural, están na base dos principais problemas aos que se enfrontan as mulleres rurais.

A Xornada ten coma finalidade o empoderamento, tanto a nivel persoal como a nivel profesional, das mulleres socias vinculadas a cooperativas para que se animen a participar en ámbitos empresariais públicos, como a cooperativa da que forman parte, tendo en conta que son as titulares das explotacións gandeiras, en moitos casos, as que traballan e gobernan, e ademais son as que deberían participar con voto directo na asemblea da cooperativa, onde se dirimen as decisión empresariais máis importantes e que van afectar plenamente nas súas explotacións gandeiras.

López Abella destacou que debense promover novos avances na corresponsabilidade social, que contribúan a deconstruir os vellos estereotipos que aínda perpetúan as desigualdades, pechar as brechas no ámbito laboral e apoiar a capacidade das mulleres para ocupar postos de decisión. É necesario impulsar a incorporación de plans ou medidas de igualdade nas institucións, organismos, empresas, cooperativas, organizacións profesionais, e grupos de acción local.

2 de decembro de 2015 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.