publicidade hoxe

A Selección Galega Absoluta xogará contra Marrocos no Rosal e Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportesDeportes PortadaO Rosal
A-
A+

A selección galega absoluta volverá xogar ante o seu público nestas festas navidades. Esta fin de semana (días 26 e 27 de decembro) disputará dous amigables contra Marrocos en O Rosal e Cangas, respectivamente.

Os seleccionadores serán os dous adestradores galegos nos clubes da Asobal, Pillo (Frigoríficos do Morrazo) e Quique Domínguez (Teucro), e nas convocatorias hai deportistas de clubs galegos e outros que están a xogar fóra como Javi Díaz, Roberto Sánchez, Víctor Frade, Tomás Moreira ou Rubén Río.

O primeiro partido disputarase o sábado 26 de decembro (20:00 horas) no pavillón do Rosal. Este encontro está incluído no programa de actos previsto para celebrar o 40 aniversario do Acanor Atlético Novás. 

Ao día seguinte (27 de decembro) Galicia e Marrocos xogarán no Gatañal, a partires das 18:00 horas.

24 de decembro de 2015 | 12:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.