publicidade hoxe

A rexedora de Mos trasládalle ó conselleiro de Educación as necesidades dos centros públicos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+
Reunión da alcaldesa de Mos con Román Rodríguez

Reunión da alcaldesa de Mos con Román Rodríguez

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación mosense, Kely Monzón, reuníronse onte pola tarde en Santiago co conselleiro deCultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, para trasladarlle as principais necesidades dos centros educativos mosenses que aparecen reflectidas nunha moción conxunta de todos os grupos políticos da Corporación Municipal que foi aprobada por unanimidade no Pleno ordinario do pasado luns e na que se insta á administración autonómica a darlle unha rápida solución ás mesmas. Pola súa banda a consellería comprometeuse a estudar as demandas en función das prioridades.

Entre asnecesidades dos cinco colexios públicos mosenses enumeradas en dita moción atópanse as do CEIP Pena de Francia, que foron establecidas pola ANPA e a dirección do centro, e son: un almacén e un aulario para remediar os problemas de espazo do centro, a adecuación do edificio á normativa vixente dotándoo dunha saída de emerxencia no segundo andar, a renovación da carpintería exterior nas prantas primeira e segunda, a renovación do falso teito, a solución ó problema de grietas, independizar a caldeira da planta baixa e instalar un WC no patio.

As representantes do Concello de Mos, Arévalo e Monzón, quixeron manter unha entrevista persoal co conselleiro de Educación para trasladarlle estas necesidades establecidas dende a dirección do centro e incluídas na moción presentada e aprobada unánimemente na última sesión plenaria ordinaria.

Neste sentido Kely Monzón quixo puntualizar que, -tal e como xa se lles trasladou ós membros da ANPA nunha reunión celebrada en marzo á que incluso asistiu a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo-, dende o Concello se ven solicitando dende fai tempo á consellería competente en materia de Educación o compromiso para poñer en marcha un plan estratéxico anual de actuación nos dous centros de Educación Primaria máis deteriorados no municipio e que son este mesmo de Pena de Francia e o CEIP de Atín. A idea e a pretensión municipal son que este plan garanta que as necesidades de ambos se vexan óptimamente cubertas durante cada curso escolar. Ademais Arévalo comprometérase durante esta xuntanza a acometer a conexión das instalacións do colexio á rede de saneamento, obra que a propia ANPA determinou como a máis urxente, e que foi acometida e rematada o pasado setembro, cun custo de 50.000 euros para o Concello de Mos. 

Ademais durante o curso 2014/2015 o Concello de Mos realizou melloras no Colexio de Pena de Francia –a maiores do gasto municipal investido no mantemento anual dos centros de educación mosenses públicos- por importe de preto de 5.000 euros consistentes na acometida da cuberta da entrada principal, drenaxe da pista deportiva, melloras nas porterías e canastas, pintado das aulas, reparación do ascensor e instalación de aire acondicionado na aula multiusos.

E pola súa banda, tamén no CEIP Pena de Francia, a consellería realizou no 2015 pero durante o pasado curso escolar a adaptación á normativa vixente da instalación eléctrica  de baixa tensión,  o que supuxo unha inversión autonómica de máis de 50.000 euros.

Tamén se plasman na moción as principais necesidades do Colexio de Atín, xunto co de Pena de Francia o máis antigo e deteriorado do municipio, consistentes na instalación de carpintería exterior de aluminio en todo o centro, habilitar a vivenda do conserxe como comedor escolar, o cambio dos falso teitos, acondicionamento da aula infantil pechada e a acometida dun novo acceso ó centro para o alumnado.

Outros centros de Educación Infantil e Primaria mosenses 

O Concello de Mos fai un seguemento e estudio constante das necesidades dos seus 5 centos educativos públicos de Educación Infantil e Primaria. Necesidades plasmadas na moción que alcaldesa e edil de Educación mosenses lle entregaban onte ó conselleriro Román Rodríguez, e que xa lle foran trasladadas o mes pasado dende a concellería de Educación de Mos á xefatura territorial da consellería de Educación da Xunta de Galicia; e que inclúen, ademais das necesidades dos colexios de Atín e Pena de Francia, as dos outros tres CEIPs do municipio: Petelos, CEIP Mestre Valverde Maio (Sanguiñeda) e CEIP Mestre Martínez Alonso (Castro-Mos).

Nestes casos as principais demandas refírense á necesidade de solucionar deficiencias na liña ADSL, melloras nas instalacións eléctricas, obras relativas ós comedores escolares, reformas nos patios exteriores, etc.

 

2 de decembro de 2015 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.