A Praza de Abastos de Ourense acolle a campaña de promoción do selo Galega 100%

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+
Belén do Campo na praza de abastos de Ourense

Belén do Campo na praza de abastos de Ourense

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, promocionou esta mañá o selo Galega 100% no Mercado de Abastos da cidade de Ourense. Neste evento estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, e polo alcalde, Jesús Vázquez, onde repartiron minibricks de leite con este selo de calidade e folletos informativos sobre a orixe deste produto.

Belén do Campo salientou a importancia deste promoción como apoio ao sector lácteo galego e reivindicou a importancia de consumir produtos galegos, entre eles o noso leite, co obxectivo de impulsar e fomentar o sector agroalimentario de Galicia.

A directora xeral informou aos participantes de que o selo Galega 100% identifica o leite e os produtos lácteos de calidade diferenciada elaborados con materia prima galega, feitos e envasados na nosa Comunidade. Así, incidiu en que a materia prima que se emprega nestes produtos procede exclusivamente de explotacións leiteiras inscritas no Rexistro de Explotacións de Calidade Diferenciada.

Esta acción promocional complementa as actividades levadas a cabo por toda Galicia da man do Goberno da Xunta. Entre elas cómpre destacar as charlas divulgativas sobre a marca dirixidas a asociacións de amas de casa, consumidores e usuarios; diversas visitas a explotacións de vacún de leite e reparto de minibricks en eventos deportivos e feiras agroalimentarias.

Galega 100%
A marca Galega 100% e a súa xestión é propiedade do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL), organismo no que están representadas as industrias lácteas e os produtores de leite.

17 de decembro de 2015 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.