publicidade hoxe

A música de Nadal cobra protagonismo nos actos do Centro Dotacional de Torroso para a fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

O vindeiro sábado 19 de decembro, ás 19.00 horas, alumnos da Escola de Música de Mos, organizan no Centro Dotacional de Torroso un festival de Nadal.  A Banda de Música Xuvenil de Torroso, vai acompañar aos máis pequenos na interpretación dunha panxoliña, e tamén os acompañará o Coro da Escola de Música na súa actuación.

Por outro lado, o Centro Dotacional de Torroso,  acolle tamén  un Festival de Panxoliñas organizado polo Concello de Mos dentro da súa programación cultural de Nadal. Será o domingo, día 20 de decembro,  ás 18.00 horas e participarán o Coro Xuvenil San Lorenzo de Belesar,  o Coro Infantil da Cofradía de Pescadores San Martín de O Grove, e o Coro infantil Voces Brancas de Cela. 

16 de decembro de 2015 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.