A Mesa pola Normalización Lingüística imparte unha charla sobre dereitos lingüísticos no IES Luís Seoane

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza mañá, martes 15 de decembro, ás 12 horas, unha conferencia sobre os dereitos lingüísticos para un grupo de 100 alumnos/as de 3º e 4º de ESO do IES Luís Seoane.

Mónica Pazos, vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística, falará sobre que son os dereitos lingüísticos, se hai tratados internacionais que os recoñecen, se se están a aplicar no caso galego e que podemos facer para defender os nosos dereitos na actual situación da lingua.

Esta conferencia encádrase dentro da programación que a Concellaría de Normalización Lingüística desenvolve, en colaboración cos equipos de normalización e dinamización da lingua galega nos centros de ensino do concello, para promover un maior uso da lingua galega neste sector da sociedade, fundamental para o futuro da lingua.

14 de decembro de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.