publicidade hoxe

A IV Camiñada Solidaria Tui-Valenca celébrase este 27 de decembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesTui
A-
A+

Este domingo, 27 de decembro, celebrarase a IV Camiñada Solidaria Tui-Valença-Tui, organizada un ano máis polo Club AndaTui Rego da Pedra, en colaboración co Concello de Tui e da Cámara Municipal de Valença. Sairá ás 10.30 horas españolas dende o palco do Paseo da Corredoira para facer un percorrido aproximado de 7 quilómetros, de dificultade baixa.

Novamente a andaina terá carácter solidario, dado que todos os participantes terán que achegar alimentos que serán doados a asociación SOS Tomiño – Baixo Miño.

23 de decembro de 2015 | 10:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.