A Fundación de Deportese de Vilagarcía saca a concurso a explotación do servizo de bar do campo Manuel Jiménez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Fundación Municipal de Deportes de Vilagarcía saca a concurso a xestión e explotación do servizo de bar do campo de fútbol Manuel Jiménez, seguindo o modelo que opera dende hai anos na cafetería do complexo deportivo de Fontecarmoa. O contrato, por período de 2 anos, prorrogables outros 2, licítase por un prezo de 14.400 euros a abonar pola adxudicataria. A convocatoria publícase no Boletín Oficial da Provincia de hoxe, aínda que o prazo de 8 días hábiles para a presentación de ofertas non se abrirá ata o día seguinte a que tamén salga publicado no DOG.

Despois do verán, cando remataron as obras de ampliación das instalacións destinadas a bar no campo Manuel Jiménez, o presidente da Fundación de Deportes, Argimiro Serén, xa adiantara a súa intención de sacar a concurso este servizo co obxectivo de que calquera persoa física ou xurídica tivera acceso á mesma e para garantir que a prestación do mesmo durante o horario completo no que as instalacións deportivas que comparten varios equipos están en uso xa sexa para adestramentos pu competicións oficiais.

As bases establecen un prazo de presentación de ofertas de 8 días hábiles a contar a partir do día seguinte á última das publicacións en boletíns oficiais (neste caso o DOG). Os interesados poderán presentar melloras ás condicións de saída do contrato, aínda que estas non poderán ser económicas. Deberán traducirse en mellora de medios, de horarios ou de prestación do servizo.

Os interesados poden consultar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas no perfil do contratante da web municipal www.vilagarcia.es; onde tamén está pendurado o anuncio da convocatoria.

17 de decembro de 2015 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.