publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Feira do Xamón protagoniza o calendario 2016 da Cañiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+
Presentación do calendario

Presentación do calendario

Miguel Domínguez presentou esta mañá o Calendario 2016 que o Concello dedica nesta ocasión “á Feira do Xamón” con motivo da celebración da súa 50 aniversario. Unha imaxe por cada mes e un breve a pé de páxina explican as orixes, historia e evolución desta festa gastronómica declarada de interese turístico pola Xunta de Galicia e que celebrará o próximo 15 de agosto o seu 50ª Edición.

Un acontecemento que a Alcaldía quere celebrar desde o primeiro día do ano e nada mellor que facelo desde o calendario 2016 que leva repartindo na Cañiza desde que Miguel Domínguez tomou posesión como Alcalde en 2011.

Os primeiros meses do ano mostran unha selección das mellores e máis significativas fotos dos inicios da Feira cedidas polo cronista Jose Luís Bacelar, gran colaborador ao que o Concello agradece o seu esforzo e dedicación por perpetuar a memoria histórica da Cañiza.

O mes de agosto presenta o cartel anunciador que identifica a Feira desde fai 50 anos e os últimos meses do ano pasan do branco e negro histórico á cor da actualidade, mostrando 4 preciosas imaxes que mostran a evolución desta feira de gran prestixio en Galicia.

Durante estes días Alcalde, Concelleiros e voluntarios repartirán os 3000 exemplares do calendario porta a porta entre os veciños da Cañiza, aproveitando a ocasión para felicitarlles as festas.

21 de decembro de 2015 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.