A Catedral de Santiago espera manter o calendario de obras tras a apertura da porta santa
O arcebispo de Santiago, Julián Barrio, asegurou que se vai tratar de que se manteña” o calendario de obras da Catedral “na medida do posible” tras a apertura da porta santa da misericordia. O pasado mes de outubro o director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, fixo unhas declaracións nas que advertía de que coa apertura da porta santa “igual” había que facer unha adaptación” do cronograma das obras de restauración previstas no templo.
Preguntado por esta cuestión, Julián Barrio sinalou que “o obxectivo é que ao Ano Santo, de 2021, a Catedral chegue perfectamente restaurada”.
“A verdade é que son procesos lentos, máis lentos do que nós en principio pensabamos, por iso, ao que se poida, tratamos de manter o calendario”, explicou.
“POLÉMICA SEN RAZÓN DE SER” POLA COMPOSTEla
Por outra banda, o arcebispo foi preguntado por unha proposta da Fraternidade do Camiño para ampliar a 300 quilómetros a distancia para obter a Compostela para reducir a masificación.
En resposta, Julián Barrio afirmou que “é unha polémica que non tería sentido nin razón de ser”. Ademais, dixo que o deán da Catedral o chamou para abordar esa cuestión, da que se decatou pola prensa. “Non sei a que vén, nin sei tampouco a onde vai, non podo dicirlles máis neste momento”, limitouse a apuntar.











