publicidade hoxe

A Casa da Cultura de Cambre acollerá deceas de actividades ata xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O prazo de inscrición das actividades culturais que se realizan na Casa da Cultura  comezou o sábado 19 de decembro e finalizará o 5 de xaneiro de 2016. As actividades terán lugar dende xaneiro ata o mes de xuño.

Asemade, entre as actividades dirixidas os mais pequenos destacan os obradoiros de calculo mental, música, xogos infantis, teatro para nenos, e de xogos tracidionais. Haberá un obradoiro de ritmo dirixido a xóvenes, trátase dunha iniciacion á percusión co propio corpo e a voz con instrumentos.

Para a mocidade e adultos, café en inglés, estimulación mental, obradoiro de tecido, de pintura, sevillanas,  cerámica castrexa e latón, teatro, ou maquestismo.

Por outra banda, terán lugar conferencias literarias os segundos xoves de cada mes e  tamén xornadas de cineclub, o terceiro xoves de cada mes. Os interesados teñen máis información na web do concello, www.cambre.org.

21 de decembro de 2015 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.