A casa da cultura acolle o XXIV Concerto de Nadal da Banda de Música de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

A Banda de Música de Ordes ofrecerá o vindeiro sábado, 26 de decembro, o seu XXIV Concerto de Nadal. A tradicional cita, que cada ano congrega a un elevado número de asistentes, terá lugar na casa da cultura ás 19.30 horas.

Nesta ocasión ademais dos membros da Banda de Música de Ordes tamén subirán ás táboas do escenario os membros do grupo local Somos Nós, que nesta ocasión estarán acompañados polo coro do Concello de Ordes. Tamén participará o grupo Tanxedoira, coa colaboración do coro e rondalla da Coruña, así como unha coral polifónica que acompañará á banda local.

Todos e todas os que queiran asistir poderán acceder de balde a este espectáculo, no que colabora o Concello de Ordes, conxuntamente coa asociación cultural Amigos de Música de Ordes. 

24 de decembro de 2015 | 11:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.