A campaña “Felicita o Nadal en galego” pon á disposición da veciñanza de Narón postais navideñas coas que felicitar as festas a través das redes sociais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

A edil de Ensino, Mercedes Taibo, anunciou o inicio da campaña “Felicita o Nadal en galego!”, unha proposta do Concello para que os veciños e veciñas se animen a utilizar a lingua galega para felicitar estas festas aos seus seres queridos cunhas postais que se poden compartir desde a páxina web do Consistorio: www.naron.es (No apartado: Concello- Servizos Municipais- Actividades Municipais- Servizo de NormalizaciónLingüística). A través dun banner pódense ver cinco modelos de postais navideñas para descargar ou compartir a través das redes sociais –Facebook e Twitter- a diferencia de anos anteriores, nos que se facía a través de tarxetas electrónicas mediante email.

As persoas que o desexen poderán recurrir ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello para que lles revisen os textos das felicitacións, enviándoos ao correo electrónico: a.pita@naron.es.

A concelleira Mercedes Taibo indicou que “este ano hai cinco modelos diferentes de postais pero a idea é ir incrementando a cantidade ano tras ano, para que os usuarios e usuarias dispoñan dunha oferta máis ampla”. A edil animou aos veciños e ás veciñas a facer uso deste servizo, gratuíto, para felicitar estas datas de Nadal “e, ao tempo, fomentar o uso da lingua galega”.

18 de decembro de 2015 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.