publicidade hoxe

A campaña de Comercio Local de Cambre para Nadal repartirá 35.000 rascas e máis de 1.500 premios directos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

A concelleira de Promoción Económica de Cambre, María Dores Blanca García, presentou a campaña de comercio local que este ano repartirá 35.000 rascas entre os comercios cambreses. Co obxectivo de aumentar as vendas directas nos establecementos comerciais durante a época de Nadal, poñeranse en circulación 35.000 bonos de compra que conteñen premios directos de 15.000  euros sen sorteos,  entre os máis de 150 establecementos que se inscribiron para participar na campaña, para que se repartan entre a súa clientela durante a época de Nadal. “Tentamos que este ano melloren as vendas”.

Cada compra en Cambre optará a un dos case 2.000 premios directos, vales de compra, nos distintos comercios, polo que os gañadores veranse beneficiados xa que adquirirán máis produtos entre calquera dos comercios participantes. Por outra banda, os premios máis suculentos escóndense en varios rascas con valores de 250 e 500 euros. Todos os bonos poderanse trocar directamente nos establecementos no prazo de tres días seguintes aos da súa aparición, excepto os premios correspondentes aos premios de 500 e 200 euros, que deberán gastarse no mes de febreiro de 2016, coa intención de mellorar as compras nestes comercios nun mes complicado para a economía local.

ACTIVIDADES 

Doutra banda, os días 22, 23 durante todo o día, e o 24 pola mañá, o concello instalará un Poboado de Nadal no Graxal (O Temple), nas rúas Párroco Manuel Cobas e Celso Emilio Ferreiro. No poboado haberá un portal de Belén, muíño, un espazo de xogos infantís e demostracións de artesáns, con postos de venda e unha cantina ambientada coa temática do nadal. Acompañando o evento, haberá animación na rúa con teatro, circo e música, que animarán o poboado e todo o Graxal, os días 22 e 23, durante todo o día. Nestas xornadas de animación navideña se poderán ver pasacalles e espectáculos de elfos e de anxos, e xa pola noite un espectáculo de lume e luz.

9 de decembro de 2015 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.