A camiseta do Rio Natura Monbus Obradoiro xa está á venda no aeroporto de Santiago de Compostela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Apertura de Demmokratic

Apertura de Demmokratic

O Rio Natura Monbus Obradoiro segue dando pasos adiante no seu camiño da ilusión e na súa consolidación como proxecto de primeiro nivel na liga Endesa. A última acción dentro deste proceso é a apertura por parte de Enfios Texgroup, socio estratéxico do club, dunha tenda con merchandising oficial do club no aeroporto internacional de Santiago de Compostela. Demmokratic Sport Store, nome da tenda, permanecerá aberta de luns a domingo de 7.30 da mañá a 22.00 da noite para todos os viaxeiros  do aeroporto. 

“Fai catro anos os nosos afeccionados que querían comprar produtos oficiais do Rio Natura Monbus Obradoiro tiñan que desprazarse até as aforas da cidade, mentres que hoxe, ademais de en Sar os días de partido, poden comprar por internet na Miudiño Store, no centro de Santiago na Tenda Oficial Tiro Libre SCQ e, desde hoxe, no Aeroporto de Internacional de Lavacolla”, explicaba José Luís Mateo, director xeral do club. 

O xerente considera que é un avance comercial ao alcance de poucos: “Quitando os clubs de fútbol, hai moi poucas entidades no baloncesto europeo que teñan a disposición de afeccionados e turistas os seus produtos oficiais no aeroporto da súa cidade, que no noso caso é internacional”. A iso engade a felicitación a “Enfíos Texgroup, porque este feito supón un importante avance, tanto comercial como de imaxe do club e dos seus patrocinadores”

Así, este novo punto de venda únese a Tiro Libre SCQ, tenda situada no centro de Santiago de Compostela (Rúa Ramón Cabanillas, 11) e ás Miudiño Store online e no hall principal do pavillón os días de partido. 

7 de decembro de 2015 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.