A bombeira Almudena Suárez proclámase campiona galega de Orientación

Almudena Suárez no podio
A bombeira do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Ourense, Almudena Suárez Pazos, foi proclamada campiona da Liga Galega de Orientación, en categoría M35 (mulleres, 35 anos) logo do campionato galego de Orientación de Relevos que se celebrou esta fin de semana no Campus universitario de Vigo (CUVI).
O Concello de Ourense quere transmitir os seus máis sinceiros parabéns a Almudena Suárez por completar unha tempada plagada de éxitos na élite da Orientación.











