publicidade hoxe

A BDT de Carballo ten abertas cinco ofertas de emprego en distintos sectores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

A Bolsa de Traballo (BDT) do Concello de Carballo ten abertas nestes momentos cinco ofertas de emprego en distintos sectores de actividade. As persoas interesadas poden informarse persoalmente na BDT, que ten a súa sede no Fórum Carballo, ou chamando ao número de teléfono 981 709 011. O horario de atención ao público é de 8.30 a 14.30, de luns a venres.

As ofertas abertas, e que urxe cubrir, son as seguintes:

– Mecánico-reparador de maquinaria de construción para Carballo. Imprescindible experiencia de 2 anos, como mínimo, no posto de traballo.

– Licenciado/a en filoloxía inglesa, tradución ou interpretación para impartir clases de lingua galega, lingua castelá e inglés en academia. Xornada de tarde.

– Fisioterapeuta para clínica en Carballo.

– Empregada doméstica para Carballo. Imprescindible experiencia no coidado de nenos.

– Torneiro-fresador para Carballo de 18 a 29 anos de idade. Imprescindible Formación Profesional de Mecanizado.

Dende a súa posta en marcha, o 19 de novembro do 2012, a Bolsa de Traballo do Concello de Carballo ten tramitado 274 ofertas para un total de 373 postos de traballo. Para realizar a selección foron convocadas 2.878 persoas, un 62,54% das cales responderon satisfactoriamente. Así mesmo, dende a BDT enviáronse 1.611 currículos ás empresas, e nun 71,86% dos casos as ofertas pecháronse coa colocación dalgunha persoa inscrita na BDT como demandante de emprego. En total acadáronse neste período 187 insercións laborais.

9 de decembro de 2015 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.