A aula de cociña do Centro Comercial Arousa pecha o ano cun completo menú do Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Centro Comercial Arousa acollerá mañá mércores, ás 17:30 h., na 2ª planta, Cociña de Nadal, a última sesión do ciclo de talleres gratuítos enfocados a sacarlle o máximo partido aos robots de cociña. O curso, dirixido polas vilagarciás Maribel Fernández e Geni Longa, ten como obxectivo mostrar aos asistentes trucos e técnicas para a preparación de oito receitas perfectas para estas festas.

O menú proposto inclúe a preparación dun tradicional viño quente francés e un caldo do Nadal como entrante. Continuarase coa elaboración e degustación dunhas peras en masa folla acompañadas dunha ensalada con roquefort e noces, boi gratinado, e unhas carrilleras ao whisky con figos e patacas Hasselback, caracterizadas polo tipo de corte en forma de láminas, que facilita a cocción e a entrada de sabores.

Como sobremesa, Fernández e Longa propoñen a preparación dun tradicional roscón de Reis e un turrón de chocolate. Pecha a degustación, un cóctel do Nadal. As receitas estarán dispoñibles, unha vez finalizada a sesión, na páxina web do centro (www.ccarousa.com/web/receitas).

15 de decembro de 2015 | 13:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.