publicidade hoxe

A Asociación do Corpus de Bueu intégrase na Comisión Internacional de Alfombristas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

A Asociación Cultural das Alfombras do Corpus de Bueu acaba de ser aceptada na Comisión Gestora Internacional de Alfombristas de Arte Efímero, integrada por dezasete asociacións de alfombras de todos os lugares do mundo. Así o informou Carmen Santos, presidenta da Asociación, nunha rolda de prensa ofrecida hoxe no Concello de Bueu e na que resaltou que esta inclusión supón todo un recoñecemento ao pobo de Bueu, o cal leva traballando e loitando ao longo dos anos porque esta tradición perdure.

Esta comisión pon como requisitos básicos para entrar a historia, e as técnicas diferenciadas de confección de alfombras, ademais dos deseños e dos materiais empregados. Bueu ten moita historia neste sentido, algo que tamén destacan desde a asociación, cuxos membros se dirixirán a Noto, en Sicilia, en maio do vindeiro ano para confeccionar unha alfombra que terá como tema “Leyendas, tradicionales y mitos” e participar en varias ponencias.

O obxectivo é claro e desde a asociación así o destacan: “queremos conseguir que as alfombras florais teñan recoñecemento pola UNESCO como arte efímero”.

Por outra parte, Carmen Santos anunciou que a comezos do 2016 se fará público o programa do Corpus do vindeiro ano, no que xa se está traballando e que será máis extenso que o do ano pasado.

17 de decembro de 2015 | 19:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.