publicidade hoxe

A alcaldesa de Mos trata coa conselleira Ethel Vázquez as prioridades da localidade para 2016

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A acaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse recentemente no Concello coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada polos edís de Urbanismo, Julia Loureiro, Mobilidade, Kely Monzón e Vías e Obras, Luis Alonso, xunto con outros concelleiros e concelleiras do equipo de goberno local.

No encontro tratáronse os tres temas prioritarios para Mos a abordar durante o vindeiro ano 2016 pola consellería que dirixe Vázquez. Trátase da segunda fase da mellora da Estrada Pereiras-Tameiga, o Plan de Transporte Municipal e a humanización do tramo que vai das rotondas de Costilleta ás Angustias, parroquia de Sanguiñeda.

A Estrada Pereiras-Tameiga foi obxecto dunha primeira fase de mellora  por parte da Xunta de Galicia, concretamente pola consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrutura que encabezaba o conselleiro Agustín Hernández naquel entón, no ano 2011, e urxe a acometida da segunda fase por tratarse dun dos principais viais do municipio, que vertebra as comunicacións viarias dentro das fronteiras do Concello e transcorre polas parroquias mosenses de Tameiga, Sanguiñeda e Pereiras.

O proxecto do Plan Municipal de Transporte xa se atopa na Xunta de Galicia para a súa aprobación e posta en marcha. Dito Plan de Transporte Municipal consta de un autobús lanzadeira de liña circular que comunicará as 10 parroquias mosenses entre sí e cos puntos de enlace co Transporte Metropolitano, para poder desplazarse ata calquera dos municipios da área. Realizaranse catro viaxes diarios, con percorridos circulares como xa se dixo, con dúas saídas de mañá e dúas de tarde. As saídas matinais partirán do Alto de Puxeiros ás 08.00 horas e ás 12.00 horas e as saídas vespertinas farano ás 15.00 horas e ás 18.00 horas. Cada saída terá, como é lóxico, o seu correspondente viaxe de regreso; polo que en total ó día efectuaranse 8 viaxes. O servizo prestarase de luns a venres sempre que sexan laborables sumando un total de 249 días de servizo ó ano, e 996 expedicións anuais.

A lanzadeira proxectada fará un percorrido cara ó sur pasando por Tameiga, Cela, Pereiras, Sanguiñeda, Petelos e regresando finalmente a Puxeiros-Tameiga. E outro irá cara ó norte, saíndo de Puxeiros e pasando por Dornelas, Torroso, Mos, Louredo, Guizán, Peinador e voltando novamente ata Puxeiros pasando por Dornelas. 

Ademais de comunicar as 10 parroquias entre sí, esta liña comunica a tódalas parroquias mosenses coas zonas de intercambio co Transporte Metropolitano que une Mos coas demais localidades da Área Metropolitana. Ditas zonas de intercambio son Puxeiros, Peinador e as paradas de Transporte Metropolitano situadas na Autovía A-55.

A importancia do billete único radica en que por tan só 0,85 euros os mosenses usuarios deste transporte público poderán desprazarse polas 10 parroquias de Mos e facer transbordo para dirixirse a calquera outro Concello da Área, agás Vigo (que rechazou unirse ó Plan de Transporte Metropolitano), sen ter que pagar un prezo a maiores. 

Deste xeito, gracias á posta en marcha do Transporte Metropolitano, que conecta o Concello de Mos co resto de concellos da área, mellóranse as conexións xa existentes cun importante abaratamento do servizo para os usuarios. Ademais de poder sustentar, sobre este Transporte Metropolitano, o novo Plan de Transporte Municipal que conectará as parroquias sen servizo coas paradas do Transporte Metropolitano, garantindo deste xeito a mobilidade de todas as parroquias tanto entre elas como con outros concellos metropolitanos.

O Plan de Transporte Municipal contará cunha frecuencia de dous horarios de mañá e dous de tarde coas súas respectivas idas e voltas, xa que se trata dunha liña circular, tal e como antes se mencionou. A posta en marcha deste novo servizo requerirá un orzamento inicial anual de 50.000 euros que se poderá ir reducindo de irse incrementando progresivamente o número de usuarios, tal é a previsión para o caso de Mos. 

No caso da humanización da zona comprendida entre as rotondas das Angustias e Costilleta, no límite entre Porriño e Mos, planifícase dar solución tanto ás comunicacións peonís coma á súa interrelación co tráfico rodado, á vez que se busca a dignificación dun importante núcleo de comunicacións a nivel rexional, segundo declarou Nidia Arévalo, rexedora local mosense.

A actuación de dita humanización organizaríase en varias fases para que se garanta unha accesibilidade axeitada. 

Tamén contemplaría unha solución ó cruzamento co ferrocarril resolvéndoo coa máis óptima alternativa peonil e, por suposto, a humanización incluiría a consolidación de beirarrúas e dotación de iluminación.

20 de decembro de 2015 | 10:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.