publicidade hoxe

A 8ª xornada Conrias Cachiza xógase no Campo da Estacada de Bueu este sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

O Campo da Estacada de Bueu (no caso de chuvia será o pavillón de Beluso) acolle este sábado ás 16 horas a 8ª Xornada Conrías de Cachiza da temporada 2015/2016 na que poderán participar todas aquelas persoas que o desexen.

A actividade está organizada polo Club Corredoiras de Bueu, en colaboración co Concello, e disporanse seis campos ademais de trofeos para os gañadores/as.

A cachiza, tamén coñecida como billarda, é un xogo tradicional que se está recuperando, e que se practica en Galicia na actualidade a través de seis conferencias, as cales xogan as súas propias ligas e logo disputan a final en maio en Santiago.

Esta actividade estase recuperando xa en moitos concellos como é o caso de Bueu. De feito, búscase implicar á sociedade e en especial aos máis pequenos, motivo polo cal se organiza o próximo 4 de xaneiro un Torneo de Cachiza Infantil, no marco da programación de Nadal. Así, nesta actividade poderán participar nenos e nenas de entre 8 e 14 anos que competirán de 11 a 13 horas no Campo da Estacada de Bueu.

18 de decembro de 2015 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.