Xornadas informativas sobre as demandas dos colectivos de emigrantes retornados
O vindeiro xoves día 12 e venres día 13 terán lugar en Pontevedra e Vigo respectivamente dúas xornadas informativas onde se explicarán as demandas dos colectivos de emigrantes retornados a nivel nacional. Nestas charlas que organiza a Asociación de Emigrantes Retornados Ulla Umia, e na que colaboran a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo intervirá a presidenta da Federación Española de Asociacións de Emigrantes e Retornados (FEAER), Eva Foncubierta, así como o vicepresidente da Federación e Presidente da Federación Andaluza de Emigrantes Retornados (FAER), Mario Alonso Barrera.











