Xornadas de cogomelos e lingua nos CEIP de Santo André de Xeve e San Bieito de Lérez
Os colexios de Santo André de Xeve e San Bieito de Lérez serán os seguintes centros de ensino nos que a Concellaría de Normalización Lingüística desenvolva os seu xa tradicionais obradoiros de micoloxía e lingua co fin de promover o uso da lingua galega entre os escolares de primaria, a través do achegamento aos cogomelos.
Mañá, 10 de novembro, será o obradoiro con xxx alumnos de xxx curso do colexio Santo André de Xeve.
• Ás 09.00 horas Amancio Castro e Xaime Blanco impartirá a charla “Os cogomelos de Xeve”.
• 10.00 horas sairán a recoller cogomelos pola parroquia.
• A seguir montarán unha exposición cos cogomelos recollidos.
O mércores, 11 de novembro, será con xxx alumnos de xxx cursos do CEIP San Bieito de Lérez. O programa é o seguinte:
• 10 horas, Xaime Blanco impartirá a charla “Os cogomelos de Lérez”.
• 11 horas sairán recoller cogomelos pola parroquia.
• Pola tarde, a partir das 16.30 horas, montarán unha exposición cos cogomelos recollidos.
As xornadas estarán guiadas e dirixidas por especialistas da asociación micolóxica Brincabois. E todas as sesión inclúen unha charla introdutoria, unha saída de campo para recoller cogomelos, unha sesión para identificar os fungos recollidos e montaxe dunha exposición no colexio cos exemplares apañados.
No caso de que a chuvia non permita realizar a saída, adiaranse tanto a recollida de cogomelos como a montaxe da exposición.











