publicidade hoxe

Xornadas contra a violencia de xénero en Palas de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+

ACTOS DE REPULSA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Estes actos  de repulsa contra a violencia de xénero levaranse a cabo unha vez rematada a obra de teatro, sobre ás  14.15 horas, na Praza da Ulloa, na Casa da Cultura do Concello, o que están invitados todos os vecinos e veciñas do Concello de Palas de Rei, e todas aquelas persoas que queiran participar dos mesmos e consistirán:

Gardar un minuto de silencio por todas aquelas mulleres finadas por violencia de xénero no que vai de ano 2015, e solta de globos de color lila por cada una delas.
 
Mostra dunha  pancarta de repulsa co lema “NON MÁIS VIOLENCIA DE XÉNERO”.
 
Na propia praza, extenderáse no chan un gran lazo de color lila e  tamén  pares de zapatos de muller para condenar o alto índice de mulleres asesinadas a mans das súas parellas ou exparellas. Estes zapatos serán aportados polos rapaces e rapazas do IES de Palas de Rei. Zapatos que representan o vacío deixado por todas esas mulleres.

REPRESENTACIÓN OBRA DE TEATRO : A SACO!

Metátese Teatro interpreta A SACO! é un espectáculo creado a través do xogo e da improvisación que se achega a diferentes universos temáticos: a violencia de xénero, a opresión dos máis febles, a ludopatía, o xogo como ferramenta construtiva de identidades equilibradas, o complexo mundo das relacións sentimentais entre seres humanos, a viaxe como elemento formativo…

Trátase dunha obra coral que combina a linguaxe corporal, física e verbal e propicia no espectador e espectadora unha reflexión intensa e caleidoscópica sobre esa temática variada á se achega.

Son, en definitiva, varias propostas escénicas ensambladas coma un delicado mecanismo de reloxería, mimadas ata o máis mínimo detalle para acadar que o espectador transite polos carreiros da emoción, da sorpresa e da fantasía. Unha obra ateigada de luz, movemento, son, cor… adicada A AQUELES QUE NON TEÑEN VOZ

SELFIES DOS RAPACES E RAPAZAS DO INSTITUTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O IES de Palas de Rei e o Concello de Palas de Rei, a través do Centro de Información á Muller, puxeron en marcha a campaña de sensibilización “Teu Selfie contra a Violencia de Xénero”. Trátase  dunha iniciativa coa que os rapaces e rapazas do Instituto que participen, poden deixar constancia da súa repulsa sobre calquera manifestación de violencia de xénero, a través desta nova modalidade de fotografía.

As imaxes dos “selfies” colgaránse na web municipal, así como nas redes sociais, concretamente no Facebook do Concello de Palas de Rei, formando así unha exposición virtual de denuncia contra a violencia de xénero. 

19 de novembro de 2015 | 13:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.