Xornada “As persoas con discapacidade ante procedementos xudiciais” en Pontevedra
O “Ilustre” colexio de Avogados de Pontevedra, en colaboración con entidades da discapacidade como a Once ou o CERMI, organizou unha xornada co título “As persoas con discapacidade ante procedementos xudiciais. Os estándares da Convención da ONU sobre os dereitos das persoas con discapacidade”.
E tivo lugar na sede do Colexio de avogados, na rúa Raíña Victoria; un espazo que non é accesible. Desde o colexio poderán argumentar que teñen rampla, e monta cargas, e que teñen accedido ás súas instalacións persoas en cadeira de rodas, pero non poderán dicir que esas instalacións cumpren co que di a convención da ONU.
Si, pode accederse cun pouco de axuda, pero iso é discriminatorio. Se unha persoa con discapacidade non pode acceder autonomamente a un espazo, ese espazo non é accesible. Ben é certo que non sería unha obra de gran envergadura, poder deixar ben o acceso, pero os varios centímetros de resalte que hai antes de que comece a rampla impiden a entrada autónoma de moitas persoas.
E falouse alí de dereitos de persoas con discapacidade, e da convención da ONU, e supoño que eles mesmos non son conscientes da incongruencia de facelo nesas instalacións, pero o certo é que estamos un pouco fartos de que pasen estas cousas
Agardamos que arranxen ese acceso o antes posible e que estas situacións deixen de producirse.











