Xa está á venda a lotería de Nadal do Santiago Futsal
Un ano máis, Santiago Futsal pon á venda as participacións da lotería de Nadal para o Sorteo do día 22 de Decembro. Este ano o número a xogar será o 299 e cada participación terá un prezo de 5€. A lotería está á venda nas oficinas do club en horario de 10h a 14h. Tamén se poderá adquirir os días de partido no Multiusos Fontes do Sar no hall principal de acceso ao pavillón.











