publicidade hoxe

Vista Alegre acollerá este sábado un partido benéfico para a AECC Ordes entre o A.D. Vila de Ordes e o Zona Vella C.F.

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesOrdes
A-
A+

O campo anexo de Vista Alegre acollerá este próximo sábado, 7 de novembro, o partido entre o A.D. Vila de Ordes e o Zona Vella C.F. O inicio do encontro será ás 18 horas e o importe de todas as entradas vendidas, 3 euros para os non socios, irá destinado integramente a beneficio da AECC Ordes. Quen o desexe tamén poderá facer o seu donativo depositándoo na urna que se instalará no campo nesta xornada.

A organización tamén ten previsto levar a cabo a venda de rifas, coas que se poderán acadar agasallos e premios relacionados coa época do outono.

Con todo isto os alicientes para acudir a esta cita deportiva medran, xa que se trata dun partido puntuable para a Terceira Autonómica, que disputarán os dous primeiros clasificados da táboa, encabezada neste momento polo Vila de Ordes.

3 de novembro de 2015 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.