publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

VIÑOdiversidade en Castrelo de Miño do 19 ao 21 de novembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaCastrelo de Miño
A-
A+

O concello de Castrelo de Miño é o maior productor de uvas da denominación de orixe Ribeiro, e conta tamén con 27 adegas e colleiteiros. Ademais hai máis de 900 viticultores traballando os seus viñedos.

A vitivinicultura é a principal actividade económica, e polo tanto o concello conta tamén cunha “concellería de xestión vitivinícola” con Alfredo Fernández Rodríguez á fronte.

O concello está na ruta do viño do Ribeiro, colabora cos viticultores ofrecendo no propio concello cursos como o de “manipulador de productos sanitarios”, “riscos laborais na viña”, etc… e colabora coas adegas promocionando as marcas e viños de adegas e colleiteiros de Castrelo de Miño, levándoas a todas aquelas feiras e eventos nas que participa o concello. 

A maiores de outros eventos culturais que se teñen organizado en Castrelo de Miño, como “viño+graffitti”, desde 2013 o concello organiza en verán o “RibeiroBlues WineFestival”, que en tan só dúas edicións se converteu nun gran evento no que participaron 30 adegas que deron a degustar o seu viño acompañada da mellor música Blues á beira do encoro de Castrelo de Miño. 

A intención do actual equipo de goberno que leva oito anos ao fronte do concello, era tamén a de organizar outra gran feira na época de outono-inverno. Pero era necesario que fose unha feira de calidade, novidosa e distintiva.

Hai 4 anos que en Castrelo de Miño o Sindicato Labrego Galego organizaba unhas xornadas de formación en viticultura ecolóxica e biodinámica, que co paso dos anos foron achegando a Castrelo de Miño aos propietarios das mellores adegas de viticultura ecolóxica e biodinámica de Galicia. 

Entón este ano 2015, aproveitando a súa presencia en Castrelo organizamos: 

VIÑOdiversidade: 2 días de formación + 1 día de feira e mostra de viños ecolóxicos e biodinámicos. 

O 19 e 20 de novembro, serán a xornadas de formación de viticultura ecolóxica e biodinámica, con aulas presenciais que se realizarán no auditorio do concello, e traballo en viña, con visitas a varias explotacións.

O sábado 21 de novembro, será a I Mostra Internacional de Viños da Biodiversidade. Realizarase a cuberto, nos salóns do edificio do parque náutico de Castrelo. Participarán máis de 20 adegas que nos mostrarán os seus viños. Haberá adegas galegas, españolas e portuguesas. A entrada custará 5 euros, e o horario será de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Está será a primeira feira que se celebra en Galicia de viticultura ecolóxica e biodinámica, e unha das primeiras da península ibérica. 

A intención do Concello de Castrelo de Miño é que se convirta nun éxito e consolidala nos vindeiros anos. 

Ademáis, dentro da feira haberá un “punto de encontro para a viticultura emprendedora”. Viticultores, adegueiros e profesionais da vitivinicultura intercambiarán experiencias e traballos entre as súas viñas, adegas e técnicos”. 

Por exemplo, haberá viñas que estexan en aluguer ou venda, viticultores que estexa interesado en traballalas, técnicos interesados en intercambiar experiencias de elaboración de viños e tratamento en viñedos…. Haberá tamén adegas que poden alugar un espazo dentro das súas naves, para que un colleiteiro poida elaborar alí os seus primeiros viños, etc…

11 de novembro de 2015 | 12:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.