Vilagarcía destinará os remanentes da cuberta do Ceip de Carril á dotación de taboleiros de corcho para as aulas
O goberno local aprobou hoxe, na súa xunta semanal,facer uso da cláusula da convocatoria de axudas da Deputación que permite investir os remanentes das obras adxudicadas como mellora do proxecto. Deste xeito, o remanente de algo máis de 1.800 euros que xenerou o proxecto de mantemento e reparación parcial da cuberta –”última fase”- do colexio de Carril se investirá no mesmo centro, e para algo que foi demandado por la propia comunidade educativa: a instalación de paneis de corcho nas aulas.
Con esta medida, elevada á Xunta de Goberno Local pola concelleira de Urbanismo, Paolo María, non só se gañará en superficie expositiva, que é o reclamaban os profesores, senón que tamén se axudará a insonorizar as propias aulas, ao tratarse de paneis de aglomerado que, á súa vez, levan una capa de corcho de un centímetro.











