Vigo acolle unha nova edición da Escola Feminista

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

O vindeiro sábado día 14 de novembro terá lugar en Vigo a IV edición da Escola Feminista, que nesta ocasión afondará na Comunicación Feminista e a Cooperación ao Desenvolvemento. Ata o venres día 13 estará aberto o prazo de inscrición para esta actividade.

Que: A IV Escola Feminista: Comunicación Feminista e Cooperación ao Desenvolvemento, que organiza Implicadas no Desenvolvemento, patrocinada pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.

Cando: O 14 de novembro (sábado) de 10:00 a 18:00 horas.  Ata este venres 13 de novembro ás 14:00 horas está aberto o prazo de inscrición.

Onde: Afundación (Rúa Policarpo Sanz, 26. Vigo). 

Quen: O programa (que podedes atopar nesta ligazón) incluirá unha conferencia da escritora e politóloga Nazanín Armanian, titulada “Mulleres nas guerras de oriente próximo”. A continuación, María Reimóndez impartirá un obradoiro de comunicación feminista en cooperación ao desenvolvemento, e por último, June Fernández, xornalista vasca especializada en xénero, diversidade sexual e migracións falará de “Pikara Magazine: Periodismo de-xenerado”.

10 de novembro de 2015 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.