Varios GALP de Valencia visitarán o Gac Costa da Morte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

Grupos de Acción Local de Pesca da Comunidade Valenciana, o Instituto Mediterráneo para o Desenvolvemento Sustentable (Imedes) e Rede Valenciana visitan ao Gac Costa da Morte dentro dun programa de intercambio de boas prácticas con grupos de acción local de pesca.

Representantes dos Grupos de Acción Local de Pesca (GALP) de Castelló, Albufera, A Safor, Almar e Guardamar, o Imedesy Rede Valenciana,visitarán diferentes proxectos do Gac Costa da Morte durante o vindeiro luns e martes.

PROGRAMACIÓN DA VISITA

Luns 23 pola tarde

Visitaa a localidade de Caión. Recepción e reunión de traballo sobre o funcionamento do Gac e a súa estrutura.  Visita aos proxectos financiados polo Gac Costa da Morte na vila mariñeira:

Arquivo Histórico da Pesca da Confraría de Pescadores.

Mar de Caión. Proxecto de promoción turística deCaión, a pesca e o mar.

Senda peonil de Caión, recoñecida co distintivo azul da Unión Europea.

Complexo de aloxamento e restauración Costa Caión. 

Martes 24 pola mañá 

Visita á localidade de Cabana de Bergantiños para ver os proxectos financiados polo Gac da Agrupación de Mariscadoras do Río Anllóns e o Concello na contorna de Navaliños.

Acontinuación, desprazaranse a Camelle. Visita ao proxecto “Man: Mar, Arte e Natureza” financiando polo Gac.

Martes 24 pola tarde

Visita aos proxectos financiados polo Gac na localidade de Camariñas:

Visita ao Faro de Cabo Vilán, onde terá lugar a presentación do proxecto do concello “Camariñas. O Mar Todo” 

Visita á área recreativa do Ariño en Camariñas. O Concello e as mariscadoras colaboran nesta iniciativa.

Por último, visita á Lonxa e a confraría de Camariñas.

20 de novembro de 2015 | 14:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.