Urbanismo asesora a Vilagarcía sobre os trámites precisos de cara á ubicación de industrias na zona próxima ao porto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+
Encarnación Rivas na reunión coa edil de Urbanismo. Foto: A. Varela

Encarnación Rivas na reunión coa edil de Urbanismo. Foto: A. Varela

A Consellería de Medio Ambiente está a asesorar e colaborar co concello de Vilagarcía de Arousa para determinar os trámites necesarios de cara á ubicación de industrias nunha zona próxima ao porto da localidade.

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, mantivo hoxe unha xuntanza coa concelleira de urbanismo, Paola María Mochales, e outros representantes do Goberno municipal para avaliar se sería necesario unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Tras analizar o planeamento vixente, confirmouse que esa zona correspóndese con solo urbano non consolidado de uso industrial, no que está previsto a redacción dun Plan Especial de Reforma Interior (PERI) que regule e ordene a implantación do uso industrial. Polo tanto, concluíuse que a solución pasaría por tramitar ese Plan Especial, ben por parte dos propietarios das parcelas ou do propio concello.

En todo caso, desde a Secretaría Xeral reiterouse de novo o ofrecemento de asesoramento técnico e colaboración para solventar calquera nova dúbida respecto a este asunto en concreto, ou en materia urbanística en xeral.

19 de novembro de 2015 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.