Unhas 40 entidades da cidade remiten ao Concello cartas en apoio ao proceso do EIDUS
O Concello recibiu nos últimos días un total de 38 cartas de diferentes organizacións e entidades da cidade en apoio ao proceso de configuración do EIDUS, a Estratexia Integrada de Desenvolvemento Urbano coa que o Goberno local quere definir as liñas estratéxicas da cidade a longo prazo e que permitirá ademais optar a fondos da Unión Europea e outras institucións para distintos proxectos. Trátase de entidades e federacións relacionadas co deporte e a súa promoción, asociacións veciñais, culturais, organizacións que traballan con persoas inmigrantes, colexios profesionais, centros da UDC ou entidades do terceiro sector, así como organizacións de tipo empresarial e empresas representativas da cidade; no documento que remiten, manifestan o apoio á candidatura que presente o Concello no marco da convocatoria do Ministerio de Facenda e Administración Pública neste eido, ante o “convencemento de que se trata dunha iniciativa moi beneficiosa para o conxunto da cidade e a súa área metropolitana”.
Os apoios chegan apenas dez días despois de que o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, se remitise a máis de 1.100 organizacións da cidade para impulsar esta nova fase do proceso de definición e posta en marcha do EIDUS segundo os seus novos obxectivos estratéxicos, que pasan por un compromiso ambiental, unha economía social baseada nas persoas, a xustiza social e a xustiza de xénero e coidados, o desenvolvemento sustentable (e a mitigación e adaptación ao cambio climático), a igualdade e a inclusión social, a participación cidadá e a articulación de redes de cooperación e colaboración, tanto dentro da propia urbe como co exterior.
Dentro deste mesmo proceso de configuración da Estratexia do EIDUS, o Centro Ágora acollerá, este mércores e xoves, dous encontros de traballo, para os que xa hai inscritas 70 entidades locais procedentes de distintos ámbitos, e que servirán para que os e as participantes poidan dar opinión e facer propostas nun proceso que, segundo salientan desde o Goberno municipal, “permitirá a configuración básica do modelo











