Unha muller e dous menores foron evacuados por intoxicación por gas en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVigo
A-
A+
Europa Press

Tres persoas, unha muller e dous menores, foron evacuados na noite do luns en Vigo debido posiblemente a unha intoxicación por gas por mor da mala combustión dun quentador. Segundo informou o 112 Galicia, pasadas as 19,00 horas un particular informou dun cheiro a gas no edificio da rúa Ecuador e que había dúas menores afectadas.

Por iso, foron mobilizados Urxencias Sanitarias e os Bombeiros de Vigo. Unha vez no lugar e feitas as correspondentes medicións, que deron negativas, os membros do parque municipal barallaron a mala combustión do quentador como a causa máis probable da intoxicación.

O 061 desprazou ao lugar dúas ambulancias asistenciais e un médico do Punto de Atención Continuada (PAC) da zona para atender ás tres persoas, que foron evacuadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

En concreto, os menores foron levados nunha ambulancia asistencial e a muller, A.M.A.F., de 54 anos, na outra ambulancia acompañada polo médico, segundo sinalaron fontes sanitarias.

Ademais, o 112 Galicia informou a Protección Civil de Vigo e a persoal da empresa subministradora do gas.

3 de novembro de 2015 | 10:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.