Un total de 22 barcos participaron na XXII edición do memorial Almirante Novas
O pasado fin de semana disputar en augas da ria de Ferrol a XXII edición do memorial Almirante Novas cunha boa participación, 22 barcos,e con boa climatoloxía que permitio celebrar as catro probas progamadas.Participaron tripulacións de clubs Galegos así como tres de Asturias e unha de Madrid. O sábado só se puido realizar unha proba, xa que o vento morreu ao pouco de acabar a mesma, e esta disputouse cun vento do Sur entre 8 e 10 nós, sendo dominada por Martin Bermudez (Sr) até a mesma liña de chegada na que foi superado polo Asturiano Fran Palacios.
O domingo disputáronse tres probas, a primeira con vento do SW e 12 nós e as outras dúas con ventos que por momentos superaron os 20 nós o que provoco bastantes volcos e tres roturas de paus. As tres mangas foron dominadas con autoridade por Fran Palacios que gañou as catro probas.
Clasificación Final:
1º Fisiocenter, Fran Palacio-Jaime Alvarez-Hevia, R.C.Astur de Regatas
2º Villano, Juan Deben-Gerardo Prego, Liceo Casino Villagarcia
3º Ansiosso, Bruno Gago- Cesar Conde, R.Cdel Mar DE Aguete
4º Plastico, Carlos Barca-Julio Fernandez, Liceo Casino Villagarcia
5ºCeibe XXI, Martin Bermudez(jr)-Sara Garcia, R.C.N.Madrid











